E-téxtiles en familia: Brazaletes con superpoderes na Makerstore de Carballo

O pasado sábado impartín un obradoiro para familias na Makerstore de Carballo . O obradoiro ofreceu unha aproximación aos e-téxtiles – que como sucede coa robótica- forma parte da educación innovadora do século XXI.

Os/ as participantes aprenderon a construír un circuíto, experimentar con novos materiais e explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. De un tempo a esta parte, as actividades vinculadas os e-téxtiles preséntanse como unha entrada alternativa as ciencias da computación e ofrecen as seguintes ventaxas:

  1. Fai que a tecnoloxía oculta sexa visible.
  2. Permite ensinar conceptos de electrónica a través das crafts/ manualidades.
  3. E moi amigable para principiantes, fácil de usar.
  4. Inspira e compromete as mozas en STEM.
  5. Require menos equipamento especializado. Non e necesario soldar ou utilizar unha protoboard.

Durante a iniciativa, pensada para que todos os membros da familia participen de forma activa, e en equipo, propoñerase o deseño de brazalete con superpoderes.

Para o desenvolvemento do exercicio, cada familia participante recibirá un kit cos compoñentes electrónicos e materiais necesarios para deseñar o seu proxecto.


You may also like

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *