Saltear al contenido principal
BIBLIOTECA CREATIVA:  E-téxtiles + Educación STEM

O proxecto BIBLIOTECA CREATIVA, e unha iniciativa que nace para apoiar a cultura da experimentación e a investigación, dos robots e da linguaxe de programación nas bibliotecas escolares dos centros públicos galegos que matriculan alumnado de educación infantil e primaria, integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2019/2020.

BIBLIOTECA CREATIVA + E-TÉXTILES

Este ano, como parte de esta iniciativa son a responsable de impartir a formación «E- Téxtiles:Téxtiles e electrónica creativa» co fin de visibilizar as posibilidades que ofrece este campo aplicado a educación para iniciarse a electrónica e a programación. Así mesmo para a enseñanza das ciencias da computación nas bibliotecas escolares de Galicia.

Esta invitación nace a raiz da mina participación nos Encontros #PLAMBE con charlas como «Educación maker máis aló da robótica» ou «E-téxtiles no espazo creativo, algo máis que tecnoloxía«

Nestas formacións explico que aprender a integrar circuitos en textil ou papel, son actividades que invitan @s nen@s a elaborar un pensamento cada vez más complexo. Facendo varias iteraciones dos seus deseños, experimentando con novos materiais, engadindo interruptores ou circuitos cada vez máis complexos ou ordenadores e placas (Makey Makey, Microbit, Lilypad Arduino, EchidnaShield…) @s nen@s teñen máis oportunidades de crear deseños cada vez máis sofisticados.(*)

((*) Explico máis sobre este tema no capítulo 2.3 «El auge de los e-textiles para una educación STEAM» da miña tesis doctoral )

O obradoiro de E-téxtiles esta composto de 3 ACTIVIDADES :

ACTIVIDADE 01 : CIRCUITOS E PAPEL

Cando falamos de realizar actividades de circuítos en papel ( paper circuits) no contexto educativo referímonos a algo tan sinxelo como facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nun papel. Tamén, a outro tipo de proxectos, máis avanzados, que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucran ou uso de diferentes sensores e actuadores.

Paper Circuit

Link para descargar exemplos actividades / plantillas

.

ACTIVIDADE 02 : CIRCUITOS E TEXTILES

Cando falamos de realizar actividades E-téxtiles ( Circuítos e téxtiles) no contexto educativo referímonos a algo tan sinxelo como facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nun textil. Tamén, a outro tipo de proxectos, máis avanzados, que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucran ou uso de diferentes sensores e actuadores.

E-téxtiles

Link para descargar exemplos actividades / plantillas

.

ACTIVIDADE 03 : CIRCUITOS, MAKEY MAKEY E SCRATCH

Podemos dicir que makey makey é unha placa que actúa como periférico simulado o rato/ teclado do computador, de modo que xera unha orde cada vez que pechamos o circuíto coma se estivésese pulsando unha tecla.

Para facer funcionar o makey makey , todo lo que hai que facer e cerrar circuítos Coa axuda de una programa de Linguaxe de programación por Bloques, como é Scratch y de materiales conductores aprenderemos sobre circuitos, programación e deseñaremos múltiples proxectos.

Makey Makey e Scratch

Link para descargar exemplos actividades / plantillas

.

.

CONTACTAR