IX XORNADAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

“Crear é unha forma moi poderosa de aprender porque creando externalizamos o pensamento”.

Esta fin de semana pasada celebráronse en Compostela as IX Xornadas das Bibliotecas Escolares de Galiza. O programa estaba cheo de propostas interesantes. Asemade, as Xornadas son un privilexiado momento de encontro entre as persoas que traballamos nos máis dispares puntos da xeografía galega nesta lea das Bibliotecas dos centros educativos.

Este ano tiven a sorte de participar nos Espazos maker nas bibliotecas. STEAM: Ciencia, Tecnoloxía, Matemáticas + Arte.

Na charla falei os docentes sobre os espazos maker onde a práctica artística e o deseño se dan a man coa tecnoloxía, coa electrónica. Fíos, pintura e pensamento computacional.

You may also like

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *