skip to Main Content
CURSO: E-téxtiles : Brazaletes Con Superpoderes

O pasado sábado impartín un obradoiro para familias na Makerstore de Carballo . O obradoiro ofreceu unha aproximación aos e-téxtiles – que como sucede coa robótica- forma parte da educación innovadora do século XXI.

Os/ as participantes aprenderon a construír un circuíto, experimentar con novos materiais e explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. De un tempo a esta parte, as actividades vinculadas os e-téxtiles preséntanse como unha entrada alternativa as ciencias da computación .

Durante a iniciativa, pensada para que todos os membros da familia participen de forma activa, e en equipo, propoñerase o deseño de brazalete con superpoderes.

Para o desenvolvemento do exercicio, cada familia participante recibirá un kit cos compoñentes electrónicos e materiais necesarios para deseñar o seu proxecto.


CONTACTAR