Curso: Iniciación a proxectos STEM. (CAFI) Centro Autonómico de Formación e Innovación, Xunta de Galicia.

No primeiro trimestre do ano fun a responsable de impartir o curso para docentes “Iniciación a proxectos STEM’ no CAFI. Centro Autonómico de Formación e Innovación, Xunta de Galicia.

Este curso ten como obxectivo capacitar ao profesorado para o deseño e a aplicación de propostas didácticas innovadoras enmarcadas no enfoque STEM. Para iso, valórase a importancia que posúe a área multidisciplinar dos e-téxtiles na educación e arguméntase como o kit de construción Circuit Playground Express pode conformar unha peza crave para que funcionen ao mesmo nivel todas estas materias na aula.

Curso: Iniciación a proxectos STEM

Obxectivos:

1.- Iniciarse dentro da metodoloxía STEM.
2.- Coñecer posibilidades de proxectos STEM.
3.- Potenciar proxectos interdisciplinares e colaborativos desde unha perspectiva de xénero.

Contidos:

1.- A metodoloxía STEM.
2.- Proxectos STEM.
3.- Traballo STEM desde unha perspectiva interdisciplinar e colaborativa.

You may also like

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *