“CIRCUITOS E LIBROS” no Voluntariado de lectura-A (primaria). Bibliotecas Escolares de Galicia

Dentro das accións que se levan a cabo no ámbito das bibliotecas escolares existe un programa que se denomina BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS, e nos que fai diferentes accións. Unha delas, VOLUNTARIADO DE LECTURA-A (primaria). Este programa vai destinada ao alumnado de 5º e 6º de primaria que participan como colaboradores ou voluntarios da súa biblioteca escolar, de forma sistemática.

Este ano, os seleccionados por sobresalir nesta labor, puderon elexir entre varios OBRADOIROS como premio. Esta actividade estivo relacionada coa narración oral e a lectura expresiva, circuítos e libros, elaboración de booktrailers, un laboratorio de radio, xogos cooperativos e tradicionais ou a música e danza tradicional.

Eu fun a encargada de impartir o obradoiro “Circuitos e libros” e tiven a sorte de poder impartilos nas escolas CEIP Ramon de Valenzuela de Silleda e no CEIP Virxe do Carme de Sober , Lugo.

Debaixo vos deixo os resultado dos incribles “Circuitos e libros” realizados:

CEIP Ramón de Valenzuela, Silleda

CEIP Virxe do Carme de Sober , Lugo

https://bibliotecavirxedocarme.blogspot.com/2019/06/e-textiles-obradoiro-voluntariado-de.html

You may also like

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *