skip to Main Content
CURSO: Fedellando Polo Espazo Maker:  IoT E E-téxtiles

Este mes de Febreiro impartín na Aula Nova a formación “IoT e E-téxtile” (4h.) dentro do curso ” Fedellando no espazo maker”. Este curso se ofrecéu o CAFI, a unidade encargada do deseño das accións da formación permanente do profesorado.

Este obradoiro teórico-práctico serve como introdución aos téxtiles electrónicos e as súas posibilidades para as integración no sector da internet das cousas ( IoT). Neste obradoiro os participantes aprenderán como construír e deseñar un tope de porta intelixente que combina téxtiles e compoñentes electrónicos.

A formación diríxese a docentes interesados en descubrir as posibilidades para deseñar productos innovadores que ofrece o campo dos wearables e os téxtiles electrónicos.

OBXECTIVOS


O obxectivo do curso é iniciar aos docentes ao novo campo dos e-téxtiles para que adopten o enfoque metodolóxico do pensamento computacional e aprendan a utilizalo na práctica educativa. Os docentes aprenderán como a electrónica poden utilizarse xunto aos téxtiles para fomentar esta habilidade na aula.Apoiándose nos principios da educación STEM/STEAM, explorarán novas formas de combinar deseño e tecnoloxía en contextos educativos.

CONTIDOS


• E-téxtiles e educación.
• Aprender a construír un circuíto eléctrico
• Experimentar con novos materiais
• Explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles.
• Deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e-téxtiles (IOT)


METODOLOXÍA


O obradoiro componse dunha combinación de teoría e práctica que establecen as bases necesarias para iniciarse aos e-téxtiles. O curso realizarase seguindo unha metodoloxía activa e baseada na idea de aprender facendo. Durante o curso os docentes consultarán recursos didácticos en rede e interactuarán

CONTACTAR