Libros, pop-up e circuítos

“The role of the teacher is to create the conditions for invention rather than provide ready-made knowledge.” – Seymour Papert, The Children’s Machine

O venres 15 de novembro a EGAP (Escola Galega de Administración Pública)  de Santiago de Compostela acolleu a xornada formativa BIBLIOTECA INCLUSIVA. CIDADANÍA NA DIVERSIDADE, organizada pola D.X. de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, dentro do seu programa BIBLIOTECA INCLUSIVA, en colaboración co Servizo de Formación do Profesorado.

.

.

No marco desta xornada fun a responsable de impartir o obradoiro “Libros pop-up e circuítos”. Neste obradoiro 40 mestres e mestras de infantil e primaria aprenderon a construír circuítos, experimentaron con novos materiais e exploraron os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en papel.


No contexto da biblioteca escolar, a actividade de incluir circuítos en papel é unha forma nova e divertida de que o alumno/a aprenda electrónica e que investigue conceptos na fronteira entre arte, ciencia e tecnoloxía.

Pero…que son os paper circuits?

Cando falamos de paper circuits (circuítos en papel) no contexto educativo referímonos a algo tan sinxelo como facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nun papel.

…ou a outro tipo de proxectos, máis avanzados, que requiren coñecementos e experiencia en programación e involucran ou uso de diferentes sensores e actuadores.

Que relación existe entre a educación STEM e os paper circuits?

A educación en STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) é un medio para alcanzar os obxectivos, non un fin en se mesmo. Construír un circuíto que funcione é o centro dunha actividade de paper circuits. Nestas actividades os participantes están intrinsecamente motivados para construír circuítos con estes materiais atípicos, porque así poden deseñar e crear algo propio e que é importante para eles.

PRESENTACION:

.

ACTIVIDADE 01

DESCARGAR PLANTILLAS


ACTIVIDADE 02

DESCARGAR PLANTILLAS


Materiais:


RECURSOS POP-UP

You may also like

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *