skip to Main Content
CURSO: FR De Vigo Emprego Do Espazo Maker Para A Realización De Proxectos STEM

Este trimestre no CFR de Vigo organizouse un curso presencial sobre Emprego do espazo maker para a realización de proxectos STEM. Este curso está dirixido para profesorado de secundaria, e como parte de este curso fun a escargada de explicar que son os e-textís e iniciar os participantes en proxectos STEM/STEAM baseados no emprego da placa Adafruit Circuit Playground Express.

Sesión 01. 3 Marzo /16.00-20.00

Nesta sesión describirase a placa Circuit Playground Express, e tamén, describiranse outras placas que poden resultar de interese para traballar os e-téxtiles na aula. Ademais, introduciranse conceptos básicos de electrónica para iniciarse ao campo dos téxtiles e a electrónica.

  • Introducción. Téxtiles e electrónica  (e-téxtiles) en educación secundaria
  • Descripción da placa Circuit Playground Express
  • Introducción as características principais e conceptos electrónicos para manexar unha placa Circuit Playground Express

       Actividade práctica : Brazalete intelixente

Sesión 02.10 Marzo/ 16.00-20.00

Nesta sesión explicaranse os fundamentos da programación con Make Code e Arduino. Así mesmo realizarase unha descrición dos principais sensores e actuadores e como configurar cada un deles a través de exemplos.

  • Fundamentos da programación con Make Code e Arduino
  • Inputs (entradas) / Outputs (saídas)

            Actividade práctica : Piano téxtil e Soft Robot

Sesión 03.24 Marzo / 16.00-20.00

Esta sesión dedicarase ao deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e- téxtiles na educación. Ofreceranse exemplos doutros proxectos para desenvolver prendas de roupa intelixente onde se incorporan diferentes elementos electrónicos.

  • Deseño e construción dun proxecto de aplicación dos e-téxtiles en educación

            ​Actividade práctica : ​Camiseta intelixente​​

CONTACTAR