Saltear al contenido principal
Paola Guimerans

«Os e-téxtiles, do mesmo xeito cá robótica, son unha gran ferramenta de apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe e permiten que o estudantado fortaleza a súa formación transversal mentres desenvolve diferentes destrezas que lle permitirán afrontar os retos da sociedade actual. Cando levamos actividades relacionadas con este eido á aula, o alumnado desenvolve proxectos e obxectos dende unha perspectiva que integra a informática, o deseño, a arte e a enxeñaría»


Paola Guimeráns. Boletín de la Revista Digital EducaMadrid. 2019

O proxecto BIBLIOTECA CREATIVA é un programa que pretende apoiar a cultura da experimentación e da investigación, da robótica e da linguaxe de programación nas bibliotecas dos centros públicos que matriculan alumnado de infantil e primaria e que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares.

Como parte de este programa nas Xornadas Biblioteca Creativa20 en Novembro do 2020 impartín a charla E-téxtiles e novas tecnoloxías na biblioteca escola.

CONTACTAR