2021 I Diario de Pontevedra
“Os e-téxtiles son unha gran ferramenta de aprendizaxe artístico e tecnolóxico”
A aprendizaxe baseada na realización de proxectos de téxtiles electrónicos no contexto educativo identifícase como unha metodoloxía STEAM que permite ao alumnado achegarse á electrónica e ás linguaxes de programación. Os e-téxtiles, do mesmo xeito que a robótica, son unha gran ferramenta de apoio ao proceso de ensino e aprendizaxe. Cando levamos actividades relacionadas con este campo á aula, o alumnado desenvolve proxectos ou constrúe medios dixitais dende unha perspectiva que integra a informática, o deseño, a arte e a enxeñería. Un exemplo de como levar este recurso metodolóxico á aula podería ser para tratar o tema da electricidade, e máis concretamente, o dos circuítos na educación primaria. Para este fin, o alumnado faría algo tan sinxelo como facer funcionar un circuíto eléctrico cun só LED e que este brille nunha pulseira téxtil.