¿Que é un Soft circuit? Diferentes enfoques para aprender electrónica e circuítos

Imag. Chibitronics

Soft circuits é como se denomina á recente alternativa de construír circuítos cuxos compoñentes electrónicos e dixitais conéctanse a través de fíos, teas pinturas , adhesivos ou mesmo siliconas que teñen a propiedade de conducir a electricidade. Esta forma de construír circuítos electrónicos é moi innovadora e creativa, xa que ata hai non moito tempo a construción de circuítos adoitaba estar asociada co uso de soldadores, cables ou a placa de probas.

Como explico na miña tese doutoral ( 2.2.1 E- textile toolkits, Web 2.0 e a liberación dos circuítos ) a creación de soft circuits é un fenómeno vinculado ao movemento STEAM e a cultura maker e DIY, que dun tempo para acó se popularizou especialmente tras a apertura e democratización do campo multidisciplinar dos e-textiles. Os e-textiles é un campo de conecemento emerxente que se sitúa na intersección da moda, o deseño industrial, o deseño de mobles, a ciencia computacional, o deseño de interacción e a arte dos novos medios, entre outros.

LED tricolor cosido con fio LED tricolor cosido con fío condutor a unha peza de tea ( e- textile)

Polo xeral, utilízase o termo soft circuits – ou soft electronics- para referirse todo tipo de circuítos que se constrúen con materiais flexibles, suaves ou brandos. Agora ben, cando se fai referencia a este tipo de circuítos electrónicos tamén se utilizan outros termos que fan referencia aos materiais cos que se construíron, por exemplo:

  • E-textiles circuítos electrónicos integrados en téxtiles con fío, tea ou pintura condutora …
  • Paper circuits circuítos electrónicos integrados en papel utilizando a pintura, o fío condutora
  • E-ceramics circuítos electrónicos integrados en cerámica utilizando a pintura condutora….

Diferentes enfoques para aprender electrónica e circuítos : Soft Circuits en textil ou papel

Para que o vexades máis claro explícovolo tomando como exemplo o traballo das miñas alumnas. Se nos fixamos na imágen de abaixo, observamos que é un proxecto de téxtiles e electrónica (e-téxtiles). A súa creadora utiliza compoñentes electrónicos e fío condutor para integrar un circuíto nunha anaco de tea. Por iso, ádemas de xa entender que é un soft circuit, se nos referimos a este proxecto, catalogarémolo como un e- textile, electronic textile, téxtil intelixente, electrotextil, entre outros termos.
.

Proxecto de e-textiles dunha alumna do taller Moda y Electrónica DIY, Escola Unitaria. Impartido por Paola Guimerans

.

Nestoutra imágen, a alumna utiliza os mesmos compoñentes electrónicos que a anterior, pero elixe facer un circuíto en papel utilizando unha tinta condutora de electricidade. Neste caso, tamén catalogaremos este proxecto como un soft circuit. Igualmente, podemos utilizar outros termos que fan referencia á integración dos circuítos en papel, como dixital paper craft, paper circuits ou electric circuit drawing, entre outros.

Proxecto dunha alumna do ttaller Collage & Soft Circuits, impartido por Paola Guimerans

Social Links
AULA STEAM